InicioSucesosO Goberno enviará un avión militar "canto antes" para repatriar a tripulantes...

O Goberno enviará un avión militar “canto antes” para repatriar a tripulantes españois do ‘Argos Georgia’

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, anunciou que o Goberno enviará un avión militar “canto antes” para repatriar a tripulantes españois do ‘Argos Georgia’, buque afundido ao leste das illas Malvinas.

“Agora mesmo no que estamos centrados é en realizar a repatriación canto antes”, asegurou en declaracións á Televisión de Galicia (TVG), que recolle Europa Press. Expresa que xa mantivo contacto co Ministerio de Defensa para poder desprazar un avión militar “canto antes” a Malvinas.

Ademais, afirma que, “nestes momentos, os labores de procura continúan, incluído con medios aéreos e imaxes satelitales”. “Non teño coñecemento que, nestes momentos, haxa hora de parar”, indicou este mércores.

Sobre as causas do sinistro, Albares apunta que “nun momento dado prodúcese unha entrada de auga”, pero incide en que “haberá unha investigación que delimite” o sucedido. Remarca que esa unha “zona difícil, complicada”, na que “había un forte temporal”, con “ondas de sete e oito metros”.

Un total de 10 dos 27 tripulantes eran españois. Entre eles hai seis sobreviventes –catro galegos, un de Barcelona e outra rapaza bióloga de Albacete–. Ademais, dous veciños de Vigo e Baiona están entre os falecidos. Mentres, continúan desaparecidos un veciño de Ribeira e outro de Noia.

En total, o naufraxio deixa nove falecidos, catro desaparecidos e 14 sobreviventes.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...