InicioSucesosVigo e Baiona drecretan un día de loito oficial pola morte dos...

Vigo e Baiona drecretan un día de loito oficial pola morte dos dous mariñeiros locais falecidos na traxedia do Argos Georgia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Baiona decretou un día de loito pola morte do seu veciño Santiago Leyenda Amoedo, que era cociñeiro do ‘Argos Georgia’, buque afundido nas inmediacións das illas Malvinas.

Nun comunicado, o Concello traslada a “tristeza” deste pobo por esta traxedia no mar, á vez que envía o seu pésame á familia do falecido. Así, a xunta municipal de portavoces, reunida de urxencia, decretou un día do loito entre o mediodía deste mércores e o do xoves.

Así mesmo, ás 20,00 horas deste mércores, a praza do Concello acollerá un minuto de silencio para honrar a memoria de Leyenda Amoedo, un acto ao que convidan a asistir a todos os veciños.

Todos os eventos que se ían a realizar no municipio este mércores quedan pospostos e informarase da súa nova data.

Pola súa banda, o patrón maior da confraría de Baiona, Roberto Cabral, dixo que están “consternados” con esta “triste noticia”. Apunta que Santiago Leyenda tiña experiencia previa en atuneros, aínda que “agora era a primeira marea neste barco”. Lembra que o tío do falecido, que foi patrón maior da cofría, e o pai, “toda a vida andaron en barcos de baixura”.

Igualmente, o Concello de Nigrán enviou un comunicado no que lamenta, “en nome de todos os veciños, a morte de Santiago Leyenda Amoedo, natural de Baiona, “municipio irmán”.

O Concello de Vigo tamén decretou, ao igual que o de Baiona , un día de loito oficial polo falecemento dos mariñeiros do pesqueiro ‘Argos Georgia’, buque afundido nas inmediacións das Illas Malvinas.

Nun breve comunicado, o goberno local lamentou a morte destes traballadores, “singularmente” a de César Acevedo Durán, patrón de pesca do barco e natural da parroquia viguesa de Valadares.

Por iso, as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media asta.

“O Concello de Vigo quiere trasladar sus más sentidas condolencias a las familias, compañeros y allegados de los marineros que perdieron la vida en este trágico suceso”, sentencia o comunicado.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...