InicioSucesosOs bombeiros liberan a un condutor tras envorcar o seu coche na...

Os bombeiros liberan a un condutor tras envorcar o seu coche na A-52 á altura de Salvaterra

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido este martes de madrugada nun accidente de tráfico á altura de Salvaterra de Miño, máis concretamente no quilómeto 287 da A-52 dirección Ourense.

Bombeiros de Ponteareas traballaron na liberación do condutor, que quedara envorcado, e despois foi trasladado a un hospital coa axuda da Garda Civil, o 061 e bombeiros do Porriño.

Noutro orde de cousas, horas más tarde era trasladada unha muller de Vigo a outro hospital debido a unha intoxicación na súa vivenda, debido ao lume que provocara un incendio na mesma.

Todo aconteceu na rúa Cuntis a partir das 6:00, se cadra por un fallo eléctrico como defenden as primeiras pesquisas. Axentes de Policía e efectivos do servizo de extinción de incendios asistiron á vítima ata que foi trasladada polo 061 ao Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...

Vigo convértese na capital atlántica da biotecnoloxía co ‘Galicia Biodays’

O Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá os próximos días 6...

Rueda inaugura as obras do IES Domingo Villar de Vigo con protestas pola folga de educación

Por outra banda, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP deu este martes...