InicioSucesosInvestigan a un menor tras chocar contra outro coche en Matamá mentres...

Investigan a un menor tras chocar contra outro coche en Matamá mentres conducía sen carné e borracho

Non houbo que lamentar feridos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigado un menor en Vigo tras chocar contra outro vehículo mentres conducía sen carné e baixo os efectos do alcol. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 17.15 horas do pasado venres, cando se recibiu o aviso da existencia dun accidente de circulación na rúa Manuel Cominges, na parroquia de Matamá.

Unha vez no punto, os axentes comprobaron que había dous coches implicados, tras chocar frontalmente, sen que ningunha persoa resultase ferida. Ao solicitar a documentación, decatáronse de que un dos condutores carecía de permiso, ao tratarse dun mozo de 17 anos. Así, deuse aviso aos seus proxenitores, personándose a nai no punto, e informándose de que o fillo sería investigado pola comisión dun presunto delito contra a seguridade viaria, xa que tamén deu positivo en consumo de alcol. Unha vez solicitada a información, os policías citaron á condutora habitual do vehículo, quen foi investigada como “cooperadora necesaria”.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...