InicioSucesosO TSXG confirma a absolución a unha administradora acusada de apropiación indebida

O TSXG confirma a absolución a unha administradora acusada de apropiación indebida

Entre 2019 e 2021 fixéronse disposicións cada vez maiores con cargo a ese préstamo, que derivaban en transferencias de diñeiro a unha conta da que era titular a acusada

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interpostos por un denunciante e confirmou a absolución de quen fora a súa parella, e que foi acusada de apropiación indebida.

Os feitos foron xulgados pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que declarou probado que a acusada era administradora dunha sociedade e que a súa parella asinou con dita sociedade un empréstito con liña de crédito que foi ampliando ata os 250.000 euros.

Entre 2019 e 2021 fixéronse disposicións cada vez maiores con cargo a ese préstamo, que derivaban en transferencias de diñeiro a unha conta da que era titular a acusada. Todo iso, co coñecemento e anuencia do denunciante, a súa parella.

Cando a relación sentimental rompeu e cesou a convivencia, seguíronse facendo transferencias coa mesma operativa. En concreto, entre xullo e agosto de 2021 fixéronse transferencias por un total de 13.024 euros, que o denunciante “coñecía e consentía”.

A Audiencia de Pontevedra absolveu á acusada do delito de apropiación indebida e a súa expareja interpuxo un recurso de apelación ante o TSXG. O alto tribunal galego determinou que non pode facer unha nova valoración da proba e, por tanto non pode anular a sentenza do tribunal provincial.

Por iso, resolveu desestimar o recurso e confirma a sentenza da Audiencia. Contra esta sentenza do TSXG cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...