InicioSucesosPiden 9 anos de prisión para o vigués que golpeou a outro...

Piden 9 anos de prisión para o vigués que golpeou a outro cun ferro na cabeza por uns aguacates

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nove anos e medio de prisión, prohibición de comunicarse ou achegarse a menos de 200 metros da vítima e indemnización de máis de 47.000 euros polas lesións, prexuízos morais e gastos médicos futuros. Esa é a pena que pide Fiscalía para un vigués que acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa, por golpear a outro home na cabeza cun ferro.

Segundo se recolle no escrito de acusación pública, o home, que será xulgado este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra –en Vigo–, mantivo unha discusión con outro o día de Nadal de 2016, cando este estaba a recoller uns aguacates nunha rúa do barrio de Teis. Cando a vítima se dispuña a marchar e lle deu as costas, o agresor golpeouno cunha barra de ferro na cabeza “coa intención de atentar contra a súa vida”.

A vítima sufriu traumatismo cranioencefálico leve, fractura con afundimento no frontal e ferida inciso contusa na parte dereita da fronte, polo que se lle tivo que implantar material de osteosíntese na cabeza. Tamén sofre ten un posible foco de epilepsia e trastorno orgánico de personalidade, ademais de presentar unha cicatriz de nove centímetros.

O acusado xa tiña nove sentenzas condenatorias anteriores.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...