InicioSucesosRescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

O menor activou o pecho do vehículo pulsando o comando das chaves

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé que se quedou atrapado nun coche tras darlle ao botón de pechado mentres xogaba coas chaves.

Segundo fontes do parque de bombeiros consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 12.00 horas na zona da alameda de Bouzas, onde unha nai pediu axuda para acceder ao interior do seu vehículo, xa que o seu bebé quedara dentro encerrado.

Unha vez no punto, a muller explicou que ela saíra do automóbil un minuto, momento no cal lle deixou as chaves ao seu fillo, que presionou o botón de pechado, quedándose ela fóra sen acceso.

Desta maneira, os actuantes trataron de abrir a porta a través de diversas técnicas, sen resultado positivo, polo que tiveron que romper a lúa traseira para arrebatarlle as chaves ao bebé e abrir o coche.

Pese ha todo, as mesmas fontes celebraron que tanto o bebé como a nai atopábanse en “perfecto estado”, xa que o coche estaba estacionado nun parking protexido do Sol.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...