InicioSucesosDetidos un home e unha muller por varios roubos en clínicas da...

Detidos un home e unha muller por varios roubos en clínicas da cidade

Os dous investigados xa ingresaron en prisión por orde xudicial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional e da Policía Local de Vigo detiveron a un home e unha muller como presuntos autores de varios roubos con forza cometidos en clínicas médicas da cidade. Os dous investigados xa ingresaron en prisión por orde xudicial. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado 4 de abril, cando o 091 recibiu un aviso tras activarse a alarma dun establecemento médico do centro de Vigo. Unha patrulla desprazouse ao lugar e comprobou que se produciu un roubo e que a porta principal de acceso estaba forzada.

As testemuñas relataron que os autores poderían ser un home e unha muller, aos que viran saír correndo do lugar, e que se apoderaron de dúas caixas de caudais con diñeiro en efectivo, segundo confirmou o propietario da clínica. De inmediato despregouse un dispositivo de procura conxunto coa Policía Local de Vigo, que culminou coa localización e detención destas dúas persoas, que foron sorprendidas nas proximidades. As dúas caixas de caudais, baleiras, foron recuperadas do interior dun colector.

Unha vez en Comisaría, continuaron as pescudas e a Policía puido relacionar ao home detido con outros dous roubos con forza en establecementos especializados en tratamentos médicos, empregando o mesmo modus operandi (forzando portas ou xanelas e levándose diñeiro en efectivo e equipos informáticos). Os detidos foron postos a disposición do xulgado de instrución número 2 de Vigo, que acordou o ingreso en prisión provisional dos investigados.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...