InicioSucesosUn choque entre dous coches na AP-9, ao seu paso por Vigo,...

Un choque entre dous coches na AP-9, ao seu paso por Vigo, deixa tres persoas feridas

Outra saída de vía en Mos deixa unha persoa ferida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión entre dous vehículos na AP-9, ao seu paso pola parroquia viguesa de Cabral, deixou tres persoas feridas este sábado. Segundo informou o 112 Galicia, pouco antes das 13.45 horas o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 puña en coñecemento da central de emerxencias este sinistro. Na súa comunicación, sinalaba que a colisión se produciu á altura do quilómetro 159 da AP-9. Nos instantes posteriores, varios particulares que circulaban pola zona tamén contactaron co 112 para facilitar información.

Ao ter constancia do accidente, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) activaron un operativo para o que solicitaron a colaboración da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Vigo e dos servizos de mantemento da autoestrada. Unha vez finalizada a intervención, os profesionais sanitarios desprazados ata o lugar confirmaron ao 112 que tres persoas resultaran feridas.

SAÍDA DE VÍA EN MOS CUNHA PERSOA FERIDA

Por outra banda, durante esta xornada o 112 Galicia tamén rexistrou un accidente cunha persoa ferida tras saírse da vía o vehículo no que circulaba nas proximidades da saída 12 da A-55, en Mos. O sinistro produciuse instantes antes das 14.30 horas. Un das testemuñas que se achegou a auxiliar á persoa accidentada confirmou á central de emerxencias que esta podía saír ao exterior polos seus medios, pero estaba ferida. Tras o accidente, o coche quedou orientado en sentido contrario á circulación.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...