InicioSucesosSusto en Tui co furto dunha furgoneta que tiña a un neno...

Susto en Tui co furto dunha furgoneta que tiña a un neno de dous anos no interior

O vehículo foi localizado e o menor estaba en aparente bo estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Tui localizou, en bo estado, a un neno de 2 anos que se atopaba no interior dunha furgoneta, que foi subtraída neste municipio á primeira hora da tarde. Segundo informaron fontes municipais e da Comandancia da Garda Civil, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde, cando a nai do neno aparcou a furgoneta nas proximidades dun colexio para recoller a un dos seus fillos.

A muller deixou ao outro menor, de dous anos de idade, no interior do vehículo, coas chaves postas, mentres ía ao colexio a recoller a outro cativo pero ao regresar, atopouse con que non estaba nin a furgoneta nin o menor. De inmediato despregouse un amplo dispositivo para dar co vehículo e co neno. A furgoneta foi interceptada pola Policía Local na zona das areeiras de Veiga do Louro, no propio municipio de Tui, e no interior, ademais do condutor que roubara o vehículo, estaba o neno, que se atopaba en aparente bo estado, aínda que foi trasladado a un centro de saúde para ser avaliado.

Polo momento non transcenderon máis datos acerca das circunstancias do furto do vehículo-. O presunto autor dos feitos pasou a disposición xudicial.  Trátase de un veciño de Guillarei de 54 anos de idade con antecedentes policiais.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...