InicioSucesosSusto en Tui co furto dunha furgoneta que tiña a un neno...

Susto en Tui co furto dunha furgoneta que tiña a un neno de dous anos no interior

O vehículo foi localizado e o menor estaba en aparente bo estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Tui localizou, en bo estado, a un neno de 2 anos que se atopaba no interior dunha furgoneta, que foi subtraída neste municipio á primeira hora da tarde. Segundo informaron fontes municipais e da Comandancia da Garda Civil, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde, cando a nai do neno aparcou a furgoneta nas proximidades dun colexio para recoller a un dos seus fillos.

A muller deixou ao outro menor, de dous anos de idade, no interior do vehículo, coas chaves postas, mentres ía ao colexio a recoller a outro cativo pero ao regresar, atopouse con que non estaba nin a furgoneta nin o menor. De inmediato despregouse un amplo dispositivo para dar co vehículo e co neno. A furgoneta foi interceptada pola Policía Local na zona das areeiras de Veiga do Louro, no propio municipio de Tui, e no interior, ademais do condutor que roubara o vehículo, estaba o neno, que se atopaba en aparente bo estado, aínda que foi trasladado a un centro de saúde para ser avaliado.

Polo momento non transcenderon máis datos acerca das circunstancias do furto do vehículo-. O presunto autor dos feitos pasou a disposición xudicial.  Trátase de un veciño de Guillarei de 54 anos de idade con antecedentes policiais.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...