InicioSucesosDetidos un home de 60 anos e unha muller de 55 tras...

Detidos un home de 60 anos e unha muller de 55 tras forzar unha furgoneta e roubar do seu interior ferramentas valoradas nuns 3.000 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 60 anos de idade, C.R.R., e a unha muller de 55 anos, F.D.T.V., como presuntos autores dun roubo con forza, tras subtraer do interior dunha furgoneta aparcada ferramentas valoradas nuns 3.000 euros. Os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando un veciño chamou ao 092 para informar de que, desde a súa xanela, estaba a ver a un home e unha muller forzando o portón traseiro dunha furgoneta, e retirando obxectos do seu interior, que logo escondían nunha zona de arbustos.

Unha vez no lugar, os axentes localizaron o vehículo violentado, así como a unha parella cuxa aparencia coincidía coa descrición dada pola testemuña. Ao preguntarlles pola súa presenza alí, o home e a muller deron versións contraditorias. Os policías observaron que, á beira da furgoneta, había tirada no chan unha caixa de ferramentas, e o interior do vehículo atopábase revolto. Así mesmo, ao inspeccionar unha zona arboredo próximo localizaron diversas ferramentas ocultas entre matogueiras. A Policía localizou ao dono da furgoneta, que confirmou que a deixou correctamente pechada e identificou os obxectos subtraídos, valorados nuns 3.000 euros. Por estes feitos procedeuse á detención dos dous sospeitosos.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...