InicioSociedadeFerido leve un home tras ser atropelado cando cruzaba a calzada en...

Ferido leve un home tras ser atropelado cando cruzaba a calzada en Chapela, Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 62 anos de idade, T.R.R.O., resultou ferido leve ao ser atropelado cando cruzaba a calzada na parroquia redondelana de Chapela, segundo informaron fontes da Policía Local, do 112 Galicia e do 061. O atropelo tivo lugar pasadas as 18.00 horas deste mércores, á altura do número 174 da Avenida de Vigo, e o accidente saldouse co peón ferido leve (con lesións na cara e nunha perna) e danos materiais no vehículo implicado. O 112 recibiu a alerta dos propios servizos sanitarios sobre as 18.15 horas e, ademais do 061, foron mobilizados efectivos da Policía Local. Urxencias Sanitarias mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico, que trasladou ao peón atropelado ao Sanatorio Concheiro de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...