InicioDenuncian catro persoas por condución temeraria en Ponteareas e outra por circular...

Denuncian catro persoas por condución temeraria en Ponteareas e outra por circular sen permiso

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Ponteareas identificaron, nos últimos días, a catro persoas que foron sancionadas por condución temeraria e outra máis por circular co seu vehículo sen os permisos necesarios.

Segundo informou o Concello de Ponteareas estas actuacións tiveron lugar durante as celebracións do Nadal, e grazas ao reforzo neste corpo de seguridade. Ademais das denuncias relacionadas coa seguridade viaria, os axentes realizaron medicións de son en tres vivendas a petición dos propietarios para garantir un “correcto funcionamento do lecer nocturno”.

O concelleiro de Seguridade, Juan Carlos González, agradeceu a colaboración dos veciños, que permitiu identificar as persoas que conducían de forma temeraria e tamén velar polo descanso dos cidadáns, á vez que asegurou que os locais de lecer nocturno que non cumpran a normativa serán expedientados.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...