InicioVal MiñorNigránDous detidos e un investigado por roubar en chiringuitos das praias de...

Dous detidos e un investigado por roubar en chiringuitos das praias de Nigrán en 2022

Tanto os dous detidos como o investigado teñen antecedentes por feitos similares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Baiona-Nigrán detivo a dous veciños de Vigo, ambos de 18 anos, e investigan a un terceiro, de 33 anos, como presuntos autores de cinco roubos con forza en chiringuitos en diferentes praias do municipio pontevedrés de Nigrán durante o verán de 2022.

Segundo informou o Instituto Armado, o modo de actuar era, tras forzar as portas ou xanelas, subtraían diñeiro, comida e bebida. Ademais, no transcurso da investigación atribuíronlles outros dous roubos con forza nunha empresa de pozos de auga da que levaron 3.000 euros en efectivo e un teléfono móbil, así como tres roubos máis en máquinas expendedoras de dous barrios de Nigrán.

Tanto os dous detidos como o investigado teñen antecedentes por feitos similares. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución número sete de Vigo en funcións de garda e en Fiscalía de Menores, onde deberán comparecer os detidos e investigados.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...