A Garda Civil detivo a un veciño de Vigo como presunto autor de 22 delitos de roubos en vehículos en municipios de Santiago de Compostela e a súa área, segundo informa a Benemérita.
No marco da operación Pasaxeiro, a Garda Civil do posto principal de Milladoiro-Ames (A Coruña) levou a cabo a detención, o pasado 15 de novembro, dun home residente en Vigo. En concreto, está acusado de cometer un total de 22 delitos de roubos no interior de vehículos, abarcando os termos municipais de Ames, Teo, Boqueixón e Santiago de Compostela.
OUTRA DETIDA
Por outra banda, a Policía Nacional detivo por segunda vez en Vigo a unha muller como presunta autora de tres delitos de roubo con forza no interior de vehículos e outro nun establecemento comercial.
Segundo informa dito corpo de seguridade, os feitos remóntanse á noite do 31 de maio, cando unha patrulla sorprendeu ‘in fraganti’ a unha muller saíndo apresurada dun coche que se atopaba estacionado na rúa Jacinto Benavente, mostrando unha actitude “moi nerviosa” e portando efectos como varias lentes de sol ou ferramentas.