InicioSucesosDesaloxadas varias persoas de dúas pensións "ilegais" de Vigo polo seu mal...

Desaloxadas varias persoas de dúas pensións “ilegais” de Vigo polo seu mal estado

A Federación REDE anuncia que prepara denuncia ante a Fiscalía para que se investigue se existe en Vigo unha rede delituosa de alugueiro de vivendas en mal estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de persoas que vivían en dous edificios en moi mal estado da rúa Fisterra de Vigo foron desaloxados este mércores por mandato xudicial. Nos números 11-13 da rúa Fisterra operaban “pensións ilegais” , segundo denuncia a Federación Rede. O dispositivo policial foi importante e afectou a varios departamentos municipais: Urbanismo, Sanidade, Servizos Sociais, Servizos Xurídicos, e por suposto a Policía Loca.

Boas parte das máis de 40 persoas que alí estaban xa marcharon nos últimos días tras recibir avisos por parte do concello pero un pequeno grupo delas decidiu quedar e foron, finalmente, desaloxadas pola Policía este mércores. Nin a propiedade, nin os administradores (e algúns inquilinos tamén) fixeron caso á ‘orde’ do Concello de Vigo ditada o pasado 19 de outubro na que se pedía proceder ao desaloxo das vivendas ante o perigo latente dun sinistro grave como o ocorrido o día 11 de outubro no incendio do edificio de Alfonso X O Sabio, onde morreron unha muller e tres dos seus fillos.

Segundo destaca Rede, o día 24 de outubro, ante esta “desobediencia”, o Concello de Vigo solicitou autorización xudicial para poder entrar nos edificios e proceder a un desaloxo forzoso, feito que si levará a cabo a partir das 9:00 horas deste mércores 8 de novembro. Todos os inquilinos tiñan de prazo ata media hora antes do inicio do operativo para gardar as súas pertenzas en bolsas que o propio concello depositará nun almacén municipal. 

Desaloxo policial dun edificio en ruínas en Vigo / REDE

“PENSIÓNS ILEGAIS”

Os cuartos das pensións clandestinas custaban entre 100 e 350 euros mensuais e eran pagados a unha rede de empresarios locais, agora enfrontados, que xestionan 40 sociedades diferentes, a maior parte delas vinculadas aos negocios de arrendamentos e alugueiros de inmóbeis, algúns deles nunha situación ruinosa e inmunda, como a detectada en Fisterra 11-13, con habitacións minúsculas, augas polas conducións dos cables (boa parte deles á vista), carencia de tomas de terra, gretas nas paredes, desprendementos de revestimentos e teitumes, privación de ventilación e luz natural, e proliferación de diversa fauna (cascudas, ratas, chinches…)”, denuncia Rede.

Tras o desaloxo, os edificios serán tapiados para imposibilitar o acceso de calquera persoa. A Federación REDE anuncia que prepara denuncia ante a Fiscalía para que se investigue se existe en Vigo unha rede delituosa que se aproveita das necesidades extremas das persoas máis vulnerábeis, entre elas persoas con discapacidade e persoas maiores.

ÚLTIMAS

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...

O BNG esixe o fin da licitación do bus en Vigo para evitar pagar “un 90 % máis polo mesmo”

O grupo municipal do BNG volveu a reclamar este xoves que se desista do...

Escotet alerta sobre o impacto da guerra de Oriente Medio na economía galega

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, reiterou o compromiso da entidade co tecido...