InicioPezas metálicas caídas dun camión danaron numerosos vehículos e obrigaron a cortar...

Pezas metálicas caídas dun camión danaron numerosos vehículos e obrigaron a cortar un carril da A-55 entre Tui e Portugal, xa reaberto

A situación provocou danos en máis de 30 camións e uns 40 vehículos lixeiros, sobre todo nos pneumáticos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Restablecida a circulación normal en todos os carrís dirección Portugal da A-55 entre Tui e Valença do Minho tras finalizar os labores de limpeza e acondicionamento para a retirada das pezas metálicas que, de forma accidental, caeron desde un camión á calzada e que ocasionaron danos a decenas de vehículos.

Segundo informaron fontes da DGT, do 112 Galicia e da Cámara Municipal de Valença, os problemas comezaron na mañá deste venres, cando numerosos condutores contactaron cos servizos de emerxencias para informar de que había pezas metálicas na calzada, que estaban causado danos nos vehículos que circulaban por ese tramo, no punto quilométrico 31 da autovía.

Fontes municipais de Valença e da DGT explicaron que a presenza das pezas debíase a unha perda de carga accidental dun camión. A situación provocou danos en máis de 30 camións e uns 40 vehículos lixeiros, sobre todo nos pneumáticos.

Á zona desprazáronse efectivos da Garda Civil, Protección Civil, bombeiros voluntarios de Valença e Garda Nacional Republicana (as desfeitas chegaron ao km 111,1 da A3 portuguesa). Así mesmo, os servizos de mantemento da vía están na zona desde a mañá.

Debido ao ocorrido, cortouse a circulación do carril esquerdo en sentido Portugal, xusto á altura da Ponte Internacional, aínda que fontes da DGT prevén que ao longo da tarde quede restablecida a normalidade na vía.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...