InicioSucesosPiden 11 anos de cárcere para unha traballadora social por abuso sexual...

Piden 11 anos de cárcere para unha traballadora social por abuso sexual a unha nena dentro dun centro de menores

O Ministerio Público solicita para a acusada a prohibición de comunicarse coa vítima ou aproximarse a ela, ao seu domicilio, lugar de traballo, centro de estudos e calquera lugar no que estea a menos de 100 metros por un tempo de 15 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía de Pontevedra solicita 11 anos de prisión para unha muller acusada dun delito continuado de abuso sexual a unha menor de 13 anos que coñeceu exercendo o seu labor como traballadora social nun centro de menores no que vivía a vítima.

Os feitos proceden do xulgado de instrución número 2 de Redondela e serán xulgados este martes e mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. A vista xa fora sinalada para o mes de marzo deste ano, pero foi suspendida naquela ocasión debido á folga de letrados.

Segundo o escrito de cualificación fiscal, a acusada mantivo unha relación sentimental “tendo relacións sexuais completas” cunha menor de 13 anos que coñecera na súa condición de traballadora social nun centro de menores onde traballou.

Por resolución de data 30 de xaneiro de 2020 acordouse unha orde de protección que prohibía á acusada achegarse a menos de 100 metros da menor e de comunicarse con ela por calquera medio, que continua en vigor.

O Ministerio Público solicita para a acusada a prohibición de comunicarse coa vítima ou aproximarse a ela, ao seu domicilio, lugar de traballo, centro de estudos e calquera lugar no que esta se atope a menos de 100 metros por un tempo de 15 anos.

Tamén a súa inhabilitación para o exercicio de calquera profesión ou oficio que implique relación ou contacto con menores de idade por tempo de 16 anos ou, no seu caso, durante cinco anos máis que a pena privativa de liberdade que resulte imposta. Como responsabilidade civil, pídelle unha indemnización de 5.000 euros, ademais de 11 anos de prisión.

ÚLTIMAS

Vigo apaga “o mellor Nadal da historia do mundo”

Vigo apagou este domingo "o mellor Nadal da historia do mundo", tras preto de 60...

Piden máis de cinco anos de cárcere para tres acusados de estafar a inquilinos a través de contratos de aluguer de pisos

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o...

Prisión para os 9 detidos vinculados cos 1.000 quilos de cocaína intervidos nun colector no porto de Vigo

O xulgado de instrución 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza...

Abel Caballero sobre a AP-9:  “Se a xestionase Galicia non podería pagar a indemnización, España si”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este venres a gratuidade da autoestrada...