InicioSucesosDetidas tres mulleres, entre elas a ex propietaria, como presuntas autoras dun...

Detidas tres mulleres, entre elas a ex propietaria, como presuntas autoras dun roubo con forza nun local en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a tres mulleres, de idades comprendidas entre 22 e 58 anos, como presuntas autoras dun delito de roubo con forza cometido nun bar da cidade.

Os feitos ocorreron a última hora da tarde do pasado sábado, cando unha testemuña se atopaba nas inmediacións do bar, xa pechado, esperando á propietaria do mesmo. A testemuña observou que unha muller se achegaba ao establecemento e, desde dentro, outras dúas mulleres lle franqueaban o paso.

A testemuña avisou á Policía e á dona do bar, que se presentou na zona. Ambos interceptaron ás tres presuntas ladroas cando saían do bar minutos despois.

Cando chegaron os axentes e identificaron ás sospeitosas, comprobaron que unha delas posuía un xogo de chaves do local, porque rexentara o negocio tempo atrás, polo que a porta do bar non estaba forzada. Con todo, si que foran apalancadas e danadas unha máquina de tabaco e un ‘comecartos’.

Ao revisar as mochilas que levaban as mulleres, os policías atoparon ferramentas como martelos, patas de cabra e outros efectos. Por estes feitos, e despois de que a anterior responsable do local recoñecese que entraran e forzaran as máquinas, os axentes procederon á detención das tres mulleres.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...