InicioSucesosUn accidente entre tres coches e unha moto en Vigo sáldase con...

Un accidente entre tres coches e unha moto en Vigo sáldase con dúas persoas feridas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente de tráfico, entre tres coches e unha moto, rexistrado en Vigo nas últimas horas, saldouse con dúas persoas feridas, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar cara ás 22,30 horas deste mércores, na Estrada de Camposancos, na parroquia de San Miguel de Oia. Un particular contactou con Emerxencias para informar dun accidente no que estaban implicados catro vehículos: tres coches e unha moto.

O CIAE puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Tras a intervención, os efectivos sanitarios confirmaron que dúas persoas feridas foran evacuadas a un centro hospitalario.

Por outra banda, o 112 Galicia tamén informou doutro sinistro na cidade olívica, na Avenida de Castrelos cara á parroquia de Valadares.

Segundo sinalaron fontes de Emerxencias, o accidente ocorreu sobre as 21,10 horas deste mércores, cando se produciu unha colisión entre dous vehículos. No operativo participaron Urxencias Sanitarias-061 e Policía Local, e 6 persoas tiveron que ser atendidas polos profesionais sanitarios.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...