InicioSucesosMorre un operario de 41 anos do estaleiro Armón ao quedar atrapado...

Morre un operario de 41 anos do estaleiro Armón ao quedar atrapado nun guindastre

Tras o sucedido, traballadores do naval concentraranse este xoves en Vigo para reivindicar unha maior seguridade laboral. Así, Comisións Obreiras (CC.OO.), UGT e CIG convocaron unha manifestación que arrincará ás 09.00 horas precisamente partindo das instalacións de Armón, e percorrerá as rúas ata Inspección de Traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, E.R.A. de 41 anos de idade, faleceu na mañá deste mércores en Vigo tras quedar atrapado nun guindastre mentres traballaba no estaleiro Armón, situado na avenida de Beiramar. Foi pasadas as 12.00 horas cando os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos, despois de que unha chamada alertase de que o home quedara atrapado na máquina.

Ata o lugar enviáronse tres ambulancias e persoal médico. A pesar dos esforzos do equipo sanitario, nada puideron facer para salvarlle a vida. Segundo fontes do 112 Galicia, o traballador puido ser liberado e atendido no punto polos sanitarios, pero pouco despois faleceu no punto. No operativo participaron ademais de urxencias sanitarias, a Autoridade Portuaria, a Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Local.

CONCENTRACIÓN ESTE XOVES PARA REIVINDICAR MAIOR SEGURIDADE LABORAL

Tras o sucedido, traballadores do naval concentraranse este xoves en Vigo para reivindicar unha maior seguridade laboral. Así, Comisións Obreiras (CC.OO.), UGT e CIG convocaron unha manifestación que arrincará ás 09.00 horas precisamente partindo das instalacións de Armón, e percorrerá as rúas ata Inspección de Traballo.

Nun comunicado, os sindicatos mostraron a súa “repulsa” ante un novo accidente laboral mortal que “podería evitarse”. “As administracións e a clase empresarial deste país teñen que pór fin a esta secuela, achegando medios e recursos para que os traballadores desenvolvan a súa actividade en contornas seguras”, lamentaron, referíndose concretamente á situación dos estaleiros. As organizacións sindicais quixeron mostrar tamén o seu “apoio e agarimo” á familia do falecido, así como aos seus compañeiros e amigos.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...