InicioSucesosAcepta dous anos de prisión o vigués que picou as rodas de...

Acepta dous anos de prisión o vigués que picou as rodas de 11 coches e cravoulle un coitelo a unha testemuña

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home que picou as rodas de 11 coches en Vigo e cravoulle un coitelo na perna a unha testemuña que lle recriminou os feitos aceptou dous anos de prisión e unha multa duns 1.200 euros.

A vista de conformidade levouse a cabo este xoves no Penal número 1 da cidade olívica, aceptando o home dous anos de cárcere por un delito de lesións, a pesar de que nun primeiro momento Fiscalía solicitaba ata 4 anos de prisión.

Así mesmo, o vigués foi condenado a un delito de danos, polo que terá que pagar as reparacións dos coches, que superan os 1.300 euros, ademais de máis de 700 euros ao Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Os feitos ocorreron na noite do 3 de xaneiro de 2022, cando “actuando con total desprezo pola propiedade allea”, o agora condenado picou as rodas de varios vehículos cun coitelo. Con todo, foi sorprendido por unha testemuña, polo que tratou de escapar, sendo perseguido. Nun momento dado, virouse e cravoulle ata dúas veces o coitelo na perna do home que o viu cometer os delitos.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Tres persoas feridas nun choque frontolateral entre dous vehículos en Vigo

Tres persoas resultaron feridas leves na mañá deste martes tras rexistrarse unha colisión frontolateral...

Piden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar e roubar a unha muller en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este...