InicioSucesosArde unha nave industrial en Bouzas

Arde unha nave industrial en Bouzas

O lume xa foi sufucado polos bombeiros e houbo dous feridos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha nave da empresa Firgoríficos de Vigo ardeu na mañá deste xoves sen que houbera que lamentar danos persoais, aínda que houbo dous feridos. O lume comezou sobre as 9,00 horase afectou ao sistema de ventilación de frío instalado no exterior da nave.

Até o lugar desprazáronse varias dotacións de Bombeiros de Vigo, así como Policía Portuaria, Policía Local e Nacional; Garda Civil e persoal de Urxencias Sanitarias. A rápida intervención dos efectivos conseguiu conter o lume que se deu por apagado media hora despois.  A Autoridade Portuaria asegurou que non hai risco tóxico nin por fume nin por verteduras.

Con todo, dous traballadores resultaron feridos. Un deles presenta un traumatismo e outras queimaduras, aínda que insistiu en que o seu estado non reviste gravidade. Ao parecer os dous feridos estaban a realizar tarefas de desmonte dunhas pezas cando se produciu “un problema de soldadura”, o que puido ser a orixe do lume.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...