InicioSucesosDesaloxados 76 pasaxeiros dun tren en Tui por mor dunha avaría no...

Desaloxados 76 pasaxeiros dun tren en Tui por mor dunha avaría no motor

O tren circulaba entre Guillarei e Salvaterra e sufriu un quencemento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha avaría no motor que provocou un sobrequencemento nun tren que circulaba entre Guillarei e Salvaterra obrigou a desaloxar aos 76 pasaxeiros que viaxaban nel.

Segundo informou o 112 Galicia, o incidente produciuse sobre as 15.00 horas deste martes. Nese momento, o persoal de Adif comunicaba á central de emerxencias que o maquinista dun tren que se atopaba no apeadeiro de Caldelas de Tui estaba a desaloxar aos pasaxeiros tras detectar que o convoi botaba fume.

Ademais, foi o propio maquinista quen sufocou o incendio que se produciu a causa do sobrequencemento do motor, sen ser precisa a intervención dos Bombeiros e sen que ninguén resultase ferido. Ao ter coñecemento destes feitos, os xestores do 112 deron aviso aos Bombeiros de Baixo Miño, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Así mesmo, a circulación entre Vigo e Ourense viuse interrompida durante algo máis dunha hora por esta incidencia e, segundo notificou Adif, estableceuse un plan de transporte alternativo por estrada para garantir a mobilidade dos viaxeiros do tren afectado.

ÚLTIMAS

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...