InicioSucesosEstafas a través de plataformas de aluguer pedindo o pago por adiantado...

Estafas a través de plataformas de aluguer pedindo o pago por adiantado de pisos fraudulentos

A Policía Nacional detivo este luns a un home en Vigo como presunto autor dun delito de estafa, falsidade documental e usurpación de identidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un home en Vigo como presunto autor dun delito de estafa, falsidade documental e usurpación de identidade ao enganar a través de plataformas de aluguer de pisos solicitando o pago por adiantado de vivendas fraudulentas. A investigación iniciouse hai meses cando os axentes tiveron constancia de ata seis denuncias de estafa en pisos de aluguer en Vigo. As estafas producíanse a través de anuncios “gancho” de aluguer en distintas páxinas web facéndose pasar por un intermediario inmobiliario.

Para levar a cabo estes delitos, o agora detido non só utilizaba o engano, publicando vivendas que xa estaban habitadas ou nalgúns casos que non existían na dirección onde se situaban, tamén o autor remitía datos persoais e nalgúns casos documentación dos supostos propietarios, o que facía máis crible o engano, cometendo outro delito de usurpación de identidade.

Segundo informou a Policía Local nun comunicado, a investigación determinou que nalgúns casos o home enviaba a posibles vítimas un contrato de arrendamento falso, utilizando datos doutra persoa e mesmo documentación de seguros dos pisos que pretendía alugar. Chegado o momento de ocupar as vivendas alugadas, tras o pago dun adianto, as vítimas descubrían que o piso xa estaba ocupado ou que non existía, tentando localizar ao suposto arrendador, sen obter resposta. Tras meses de investigación, o home foi detido por polo menos seis estafas denunciadas en Vigo, sen que se descarte que teña relación con outros feitos similares. Xa pasou a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...