InicioSucesosTres feridos ao precipitarse por un terraplén o vehículo no que viaxaban...

Tres feridos ao precipitarse por un terraplén o vehículo no que viaxaban en Salvaterra

Foron evacuadas ao hospital de referencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas este domingo despois de precipitarse por un terraplén o vehículo no que viaxaban no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 15.00 horas. Nese momento, un particular chamaba ao 112 Galicia para solicitar axuda. Indicaba que un vehículo que circulaba polo Outeiro, preto do centro cultural da parroquia de Uma, en Salvaterra de Miño, saíuse da vía e precipitouse por un terraplén. Ademais, aseguraba que os seus ocupantes estaban feridos e con dificultades para saír do interior do habitáculo.

Con esta información, o 112 deu aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros do Porriño e aos GES-Bombeiros de Ponteareas. Así mesmo, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e da Policía Local.

Xa no lugar, os servizos de emerxencia confirmaron que excarceraran ao tres ocupantes que viaxaban no coche, que foron trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...