InicioSucesosMorre un motorista nun accidente en Vigo

Morre un motorista nun accidente en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, V.P.R. de 57 anos de idade, perdeu a vida na mañá deste martes en Vigo tras chocar contra un coche mentres circulaba coa súa moto.

Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 06,00 horas, cando varios particulares alertaron do accidente. Segundo explicaban, tras o choque, o motorista caera por un terraplén duns tres metros de desnivel no punto quilométrico 8 da PO-325.

A partir de aí, solicitouse a intervención dos servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Nacional e do servizo de mantemento da vía.

Por iso, desprazouse ata o lugar unha ambulancia medicalizada, que atendeu a dous pacientes, resultando falecido no punto o motorista, mentres que outro home, J.R.G. de 45 anos, foi trasladado ao Hospital Ribeira Povisa.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...