InicioSucesosUn vehículo cae por un ribazo desde unha grande altura en Ponteareas

Un vehículo cae por un ribazo desde unha grande altura en Ponteareas

O propio condutor implicado púñase en contacto co 112 desde o interior do coche e sinalaba que era incapaz de abandonalo e que cría que caera nunha leira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta madrugada rexistrouse unha saída de vía en Ponteareas. Este accidente ocorreu pouco antes das 1,30 horas no quilómetro 645 da N-120 e foi un particular quen informou ao 112 do sucedido: un coche acababa de caer por un terraplén desde unha gran altura. Naqueles momentos, o alertador non conseguía divisar o vehículo sinistrado.

Pouco despois, o propio condutor implicado púñase en contacto co 112 desde o interior do coche e sinalaba que era incapaz de abandonalo e que cría que caera nunha leira.

De inmediato, desde o 112 solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES-SPEIS de Ponteareas e da Policía Local. Ao mesmo tempo, informouse os Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico, á Protección Civil do municipio e aos servizos de mantemento das estradas.

Os axentes da Policía Local comprobaron cando chegaron que o condutor conseguira saír polos seus propios medios do coche, que caera nun prado, tras o que foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...