InicioSucesosLocalizado en bo estado un mergullador cuxa desaparición foi denunciada en Cangas

Localizado en bo estado un mergullador cuxa desaparición foi denunciada en Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Cangas, cuxa desaparición foi denunciada nas últimas horas tras mergullarse, foi localizado en bo estado na zona de Aldán, segundo informaron fontes da Garda Civil.

O home saíra a mergullar en Cabo Home e quedara cun amigo a media tarde. Ao ver que non aparecía, este amigo deu a voz de alerta pola noite e avisou á muller do mergullador.

A Garda Civil e a Policía iniciaron un dispositivo de procura por terra e mar e, finalmente, sobre as 1,30 horas da madrugada, os axentes tiveron constancia de que o home aparecera, en bo estado, en Aldán.

ÚLTIMAS

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a poxa por 62.000 euros o narcobuque ‘Gure Leire’

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo acordou poxar o pesqueiro vasco...

O BNG esixe a Abel Caballero que rompa o “muro de silencio” ante as 41.000 queixas veciñais presentadas en Vigo

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu este luns "acabar co muro de...