InicioSucesosDenunciado tras conducir borracho e chocar contra un farol

Denunciado tras conducir borracho e chocar contra un farol

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron denuncia contra un condutor de 58 anos de idade, A.C.H., por un presunto delito contra a seguridade, por circular baixo os efectos do alcol. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado venres pola noite, cando o 092 recibiu un aviso para acudir á rúa Castrelos Costa, onde un vehículo se encaixou contra un farol.

Cando os axentes chegaron auxiliaron ao condutor e decatáronse de que tiña signos evidentes de estar baixo a influencia do alcol. Ao facerlle a proba, esta arroxou resultado positivo de 0,91 e 0,88 mg/l, polo que se tramitaron dilixencias penais.

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da denuncia a outro condutor, J.L.C., de 36 anos de idade, sorprendido circulando baixo os efectos do alcol esa mesma noite, e cando os axentes estaban a regular o tráfico debido ao accidente anterior.

Así, un vehículo que ía por esa rúa, ao ver a presenza da Policía, freou bruscamente e estivo a piques de causar unha colisión coa moto que tiña detrás. Acto seguido, o condutor e o seu acompañante saíron do coche e deixárono no medio do carril de circulación.

O policía que acudiu a identificar a ambos, observou que o condutor parecía baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que foi sometido a un test. A proba arroxou un resultado positivo de 0,75 e 0,72 mg/l, polo que foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria. Así mesmo, os axentes comprobaron que non tiña permiso de conducir, polo que tamén se

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...