InicioSucesosLocalizan á venda por Internet unha bici de 4.000 euros roubada hai...

Localizan á venda por Internet unha bici de 4.000 euros roubada hai nove anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case 4.000 euros. Ese era o prezo dunha bicicleta de serie limitada e deseño único roubada hai nove anos na Lama e que o seu propietario localizou anunciada á venda en Internet nunha web de vendas de segunda man.

A bici foi subtraída o 4 de setembro de 2009 e xa sufriu varios procesos de compra-venda en Internet, polo que a Garda Civil tivo que investigar para dar co ladrón. De feito, o último propietario xa a mercara antes nun establecemento de obxectos usados de Vigo.

O local, á súa vez, adquiríralla a un mozo que, antes, compráralla a outra persoa que finalmente resultou ser o suposto autor do roubo. Trátase dun veciño do municipio de Fornelos de Montes.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...