InicioSucesosInvestigan casos de explotación laboral de estranxeiros nunha empresa de asistencia sociosanitaria

Investigan casos de explotación laboral de estranxeiros nunha empresa de asistencia sociosanitaria

Habería 30 persoas explotadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional investiga unha empresa de Vigo, adicada á asistencia sociosanitaria a domicilio, por suposta explotación laboral a máis dunha trintena de traballadores estranxeiros que na súa maioría atopábase en situación irregular en España.

Tal como informou o corpo de seguridade, a investigación iniciouse tras a denuncia dunha cidadá, que alertaba sobre as condicións laborais nas que traballara. A vítima relataba unhas condicións abusivas nas que traballaba coidando a persoas maiores dependentes nos seus fogares, traballando todo o día, os sete días da semana, por un salario “ínfimo”sen alta na Seguridade Social. A partir de aí, puidéronse detectar máis persoas afectadas por esta situación cun perfíl similar.

“A investigación pon en evidencia a precaria situación dos traballadores e as condicións de traballo. Tratándose dunha empresa dedicada a prestar servizos sociosanitarios a persoas dependentes nos seus domicilios, non facilitaba ningún tipo de medida de protección para os seus traballadores, ademais de ocupalos sen os coñecementos profesionais nin formación necesaria para levar a cabo as súas tarefas, pondo en risco tanto a traballadores como a pacientes vulnerables”, engadiu a Policía.

Coa colaboración de Inspección Provincial de Traballo, realizáronse diversas actuacións en domicilios, co fin de comprobar a ocupación e o traballo do persoal da empresa investigada, dando como resultando a detección de que máis dunha trintena de persoas estiveron traballando para esta compañía en condicións de precariedade laboral e sen contrato.

Por todo iso, á persoa que dirixe a empresa impútanselle varios delitos contra os dereitos dos traballadores, intrusismo e contra a Facenda e Seguridade Social.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...