InicioSociedadeUn home resultou ferido en Ponteareas tras pasarlle por encima das pernas...

Un home resultou ferido en Ponteareas tras pasarlle por encima das pernas o motocultor co que labraba

Inmediatamente, requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local, que se desprazaron ata o lugar dos feitos, no Provizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido na tarde deste venres ao pasarlle por encima das pernas o motocultor co que estaba a labrar nunha leira de Ponteareas.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, foi a propia vítima a que contactou con emerxencias sobre as 18,00 horas, indicando que estaba ferido.

Inmediatamente, requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Policía Local, que se desprazaron ata o lugar dos feitos, no Provizo. O home foi trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...