InicioSucesosDetido en Vigo tras ferir a súa muller cun obxecto na cabeza

Detido en Vigo tras ferir a súa muller cun obxecto na cabeza

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, F.J.B.M. de Vigo e 50 anos de idade, foi detido na madrugada deste mércores na cidade olívica tras supostamente agredir á súa parella lanzándolle un obxecto á cabeza.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 00,30 horas na rúa Romil. Foi a propia vítima a que alertou aos axentes de que fora agredida pola súa parella no domicilio que ambos compartían.

Unha vez no lugar, os funcionarios observaron que a aludida, de 43 anos de idade, presentaba un croque na fronte. Alí ela manifestou que a súa parella, no transcurso dunha discusión, tiráralle un obxecto á cabeza, causando as lesións. Por iso, o home foi detido como suposto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...