InicioSucesosHospitalizado un ciclista que caeu no Monte Galleiro de Mos

Hospitalizado un ciclista que caeu no Monte Galleiro de Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil asistiu este pasado domingo a un ciclista ferido que caeu nunha pista de terra do Monte Galleiro, situado na localidade pontevedresa de Mos.

Tal como informou a Benemérita, foi sobre o mediodía cando os axentes recibiron o aviso, alertando de que unha persoa sufrira unha caída en bicicleta nunha zona de difícil acceso.

Por iso, unha patrulla do Porriño desprazouse á localización, onde comprobaron que o home estaba consciente, pero cun forte golpe no ombreiro dereito e na cabeza, ademais de varias contusións a consecuencia de caíaa.

Debido á orografía, e ao observar que o ferido presentaba principios de hipotermia, os garda civís decidiron o trasladado do home en vehículo oficial ata o Monte da Risca, onde xa esperaba o persoal sanitario, que trasladou ao ferido ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...