InicioSucesosRescatan a unha condutora en Redondela tras envorcar o seu vehículo

Rescatan a unha condutora en Redondela tras envorcar o seu vehículo

Tres feridos nunha colisión frontal en Ponteareas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha condutora tivo que ser rescatada na mañá deste venres en Redondela tras envorcar o seu vehículo e non poder saír do mesmo polos seus propios medios. Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos antes das 08,30 horas e grazas ao sistema de chamada de emerxencia do coche a muller puido pedir axuda, indicando que impactara contra un vehículo estacionado e envorcado lateralmente, sendo incapaz de saír do automóbil.

En concreto, o suceso rexistrouse na N-552 e ata alí desprazáronse os servizos sanitarios e os bombeiros de Redondela. Tamén se alertou á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos servizos de mantemento da estrada. oron os bombeiros os que retiraron do coche á muller a través do parabrisas do vehículo, sen ter que facer uso do material de excarceración. A implicada foi trasladada a un centro hospitalario.

TRES FERIDOS EN PONTEAREAS

Por outra banda, tres persoas tiveron que ser trasladadas tras resultar feridas nunha colisión frontal entre dous vehículos rexistrada na localidade pontevedresa de Ponteareas.

Foi no punto quilométrico 8 da PO-403 e o propio persoal sanitario alertou ao 112 Galicia do accidente, á altura de Moreira. No operativo participaron tamén o GES-SPEIS de Ponteareas, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil, ademais dos profesionais de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas "marcas históricas",...

Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve "intolerable" que a Xunta "maltrate a educación...

O PP de Vigo lamenta a “falta de alternativas” do Concello tras non autorizar atraccións nas festas Bouzas

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou a "falta de alternativas" do Concello...

Detido en Vigo por transportar máis de 100 pastillas de anabolizantes e viagra no seu coche

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a un home, I.E.R.Q. de...