InicioVigo e contornaO PorriñoLa X de la Suerte de Porriño tras vender 'El Gordo': "Estamos...

La X de la Suerte de Porriño tras vender ‘El Gordo’: “Estamos supercontentos”

Unha administración de Poio e outra de Vigo, recentemente trasladada de localización, "moi contentos" tras vender un billete do 5.490 por máquina

PUBLICADO O

- Advertisement -

La X de la Suerte, coñecida administración de lotaría situada no Porriño (Pontevedra), vendeu un décimo do número 5.490, co que aumenta o seu xa amplo historial de premios. Recentemente, vendera ‘El Gordo’ de Nadal en 2018 e 2020, así como o primeiro do Sorteo del Niño en 2021.

Unha dos responsables do negocio, Sonia Martínez, recoñece a Europa Press que está “súper contenta”, a pesar de que aínda descoñece quen comprou o décimo, porque se vendeu por máquina. “Estamos súper contentos, porque, queiras ou non, o primeiro premio sempre é moi importante para nós, ademais de ser unha axuda moi boa para o agraciado”, manifesta.

Dada a súa experiencia repartindo millóns, este local xa é amplamente coñecido, non só por estar rexentado por unha segunda xeración de loteiros e sexta de estanqueros. Martínez atribúeo tamén á súa localización na rúa Ramón González, atravesada polo Camiño Portugués: “Iso axuda moito a vender“.

DÉCIMOS SOLTOS EN VIGO E O PORRIÑO

En Vigo, a administración número 2 situada no número 85 de López Moura atraeu a atención de numerosos medios de comunicación a pesar de vender só un décimo do 5.490. No establecemento, rexentado por Pablo Arias, recoñecen estar tamén “moi contentos”.

“Aínda que sexa un belisco, é moi boa noticia”, recoñece a Europa Press esta administración que xustamente se acaba de trasladar desde a Gran Vía á súa actual localización. Por iso mesmo, confía en que a venda deste único décimo, galardoado con 400.000 euros, sirva como respaldo ás vendas de face ao Sorteo do Neno, o 6 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...