InicioSociedadeA Saída Sur para o tren "vai a velocidade de cruceiro", di...

A Saída Sur para o tren “vai a velocidade de cruceiro”, di Abel Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores, tras a reunión técnica mantida co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que o estudo informativo do Saída Sur ferroviaria de Vigo será licitado "de forma inmediata".

PUBLICADO O

- Advertisement -

alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores; tras a reunión técnica mantida co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma); que o estudo informativo do Saída Sur ferroviaria de Vigo será licitado “de forma inmediata”.

Nun audio remitido aos medios de comunicación, Caballero sinalou que o Goberno de España deu as dúas opcións que “se van a considerar”.

Segundo avanzou Caballero, en ambas as opcións recóllese que a Saída Sur pasará “absolutamente afastada das vivendas” por baixo da rúa Urzáiz, a 15 metros de distancia do soto máis baixo, e continuará por baixo da rúa México, collendo sempre viarios públicos, ata a Avenida de Madrid.

“A partir da Avenida de Madrid xa hai dúas opcións, unha máis pegada a esta estrada e outra máis á dereita. A condición do Concello de Vigo é que o ferrocarril non toque superficie en ningún lugar da cidade e as dúas opcións que baralla o Goberno de España son todas en túnel”, engadiu.

O rexedor vigués tamén quixo mostrar a súa “satisfacción” coas cuestións expostas pola Administración central. “Isto pon de relevo que a Saída Sur vai a velocidade de cruceiro. Xa temos as opcións, por tanto, do que pode ser e do que vai ser a Saída Sur ferroviaria”, comentou.

Así mesmo, Caballero avanzou que o estudo informativo da Saída Sur ferroviaria de Vigo será licitado “de forma inmediata” aínda que non quixo dar datas xa que “lle corresponde ao Ministerio de Transportes anuncialo”.

“A reunión deste mércores foi moi importante. O que a Vigo lle importa é o tren con Oporto, iso é o central, e, o que o Goberno de España nos expón, ten todo o apoio e todo o aval do Concello de Vigo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...