InicioSociedadeA Intermodal xa funciona a pleno rendemento: 316 autobuses entre o sábado...

A Intermodal xa funciona a pleno rendemento: 316 autobuses entre o sábado e o domingo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou este luns o “éxito” da posta en marcha da estación intermodal de Vigo, despois de que no seu primeiro fin de semana de apertura se levasen a cabo máis de 315 operacións.

Segundo indicou nun comunicado, tras estar terminada fai seis meses despois dun investimento autonómico de 18 millóns de euros, as instalacións traballaron a pleno rendemento “sen ningún tipo de incidencia” este sábado e domingo.

Fernández-Tapias asegurou que dos 316 autobuses que entraron e saíron da estación nos dous primeiros días de funcionamento, a maior parte de viaxes foron a través dos accesos desde a autoestrada AP-9, tal como estaba planificado.

“Foi un éxito rotundo e os viaxeiros xa puideron comprobar a mellora que supón ter a conexión entre bus e tren a tan só uns minutos”, reivindicou a representante do Goberno galego na cidade.

O Executivo autonómico lembrou que as obras da nova estación terminaron en xuño e, a pesar de porse en contacto co Concello para solicitar información sobre o fin das obras das que se encargaba o goberno local, non obtiveron resposta.

Precisamente o alcalde de Vigo, Abel Caballero, falou este luns na súa rolda de prensa deste tema, indicando que o Concello tamén solicitou datos sobre o número de buses que circularían pola cidade e non recibiu resposta e acusou a Fernández-Tapias de tomar medidas “improvisadas” que provocarían o colapso do tráfico no centro da cidade.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...