InicioSociedadeUnha nova sinal que corta o tráfico en Cervantes é vista pola...

Unha nova sinal que corta o tráfico en Cervantes é vista pola Xunta como un intento de “sabotaxe” do Concello á apertura da estación intermodal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, denunciou este venres un intento de “sabotaxe” por parte do Concello de Vigo tras comprobar que nas últimas horas instaláronse sinais de prohibición para que os autobuses non circulen polas rúas da cidade olívica.

Fíxoo durante a súa visita este venres xunto ao director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, á nova estación intermodal de autobuses de Vigo, acabada fai seis meses tras un investimento de 18 millóns de euros, antes da súa entrada en funcionamento.

Fernández-Tapias alertou deste “novo intento de boicot por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao colocar este mesmo venres un novo sinal na intersección da rúa Cervantes para impedir o paso de autobuses.

“É unha mostra máis do comportamento do alcalde, un intento de sabotaxe que supón un grave prexuízo para a cidadanía, posto que boicotea un servizo público e os vehículos terán que dar un rodeo“, sinalou.

A representante autonómica tamén solicitou a retirada do sinal ao Concello de Vigo e avanzou que “xa se están barallando alternativas se non rectifican”.

Así mesmo, Fernández-Tapias lembrou que o goberno local non respondeu ningunha das cartas enviadas os pasados 26 de xuño e 28 de xullo para coñecer as datas nas que terminaban as obras dos accesos á estación e coordinar a súa apertura.

“Agora convocan unha reunión a horas da apertura e queren culpar á Xunta do tráfico na cidade, pero non o van a conseguir”, cuestionou a delegada, que tamén tachou o movemento do Concello de Vigo dun “intento desesperado de sabotear” a apertura da terminal.

RESPOSTA DO CONCELLO DE VIGO

Pola súa banda, o segundo tenente de alcalde do Concello de Vigo e concelleiro da área de Fomento e Servizos, Javier Pardo, non tardou en responder á delegada autonómica.

“Non hai ningunha sabotaxe. O que hai é unha decisión neglixente e temeraria da candidata do Partido Popular (PP) de Vigo ao querer que os autobuses saian por Alfonso XIII e viren en Cervantes. A responsabilidade será totalmente da Xunta de Galicia. Os autobuses deben saír pola AP-9”, sinalou Pardo.

O concelleiro vigués tamén lembrou que hai un plan de tráfico publicado o pasado 19 de novembro que establece restricións, cortes de tráfico e peonalizacións no centro da cidade.

“Sábeno todos os cidadáns de Vigo e os de fóra de Vigo. Todo o mundo cúmpreo e a Xunta non o quere cumprir. Tampouco se decataron que mañá (sábado), o día da apertura, haberá un corte de tráfico durante dúas horas no centro de Vigo con motivo da ‘Papanoelada’. Non se decataron?”, cuestionou.

Ademais, Pardo volveu a solicitar toda a información necesaria para deseñar alternativas de tráfico e facer estudos que garantan a seguridade viaria.

“Non recibimos a información necesaria. Tampouco acudiron á reunión á que lles citamos este venres para buscar solucións. Non lles interesa acudir e ter esta reunión. Esperamos que a Xunta finalmente actúe con responsabilidade”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Piden 13 anos para un adestrador por supostos abusos a unha xogadora menor de idade en Vigo

Un adestrador de fútbol feminino enfróntase a penas que suman 13 anos de prisión, como...

Caballero denuncia a discriminación da Xunta a Vigo mentres “quere que quedemos calados”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores á "man tendida" e á...

Multa de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

Volkswagen, Stellantis e outros fabricantes de coches foron multados con 458 millóns de euros...

Petición de catro anos de cárcere para unha muller por ameazar cunha pistola a un coñecido en Vigo

A Fiscalía pide 4 anos e 1 mes de prisión para unha muller acusada...