InicioSociedadeDenuncian "colapsos" nas urxencias do Cunqueiro e "desvíos" á sanidade privada

Denuncian “colapsos” nas urxencias do Cunqueiro e “desvíos” á sanidade privada

O Sergas anuncia a incorporación de 246 profesionais sanitarios na área Sanitaria de Vigo.

PUBLICADO O

As federacións de Saúde da CIG de Vigo e de Pontevedra veñen de alertar que a falta de persoal médico nos Puntos de Atención Continuada (PAC) e nos centros de saúde está a provocar o colapso dos servizos de urxencias hospitalarias. Dende a central denuncian que neste contexto o Sergas opta por derivar pacientes a centros sanitarios privados no canto de reforzar o sistema público.
Así, critica que as saturación experimentada polos servizos de urxencias fixéronse visibles nos últimos días nas áreas sanitarias viguesa e pontevedresa, “con ducias de doentes pendentes de cama, moitos/as deles/as acumulados/as nos corredores”.
De feito, nun comunicado, a CIG destaca que, no caso do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o aumento das necesidades de camas levou a desdobrar as habitacións en varias plantas. En Pontevedra optouse por trasladar pacientes ao hospital do Salnés e a centros privados, igual que no caso de Vigo.
“Mais este aumento de carga asistencial non se traduciu nun aumento de persoal, tendo que atender unha única enfermeira a 20 doentes no Álvaro Cunqueiro”, critica a CiG. Esta acumulación de pacientes nos corredores supón, di, ademais dn aumento de carga de traballo para o persoal, unha situación de inseguridade na asistencia. “Isto, a maiores de evidenciar falta de recursos e de previsión, tradúcese nunha atención precaria das persoas enfermas”, sinalan dende a CIG-Saúde de Vigo.
O estrés palpábase nada máis achegarse a urxencias: non había padiolas, nin cadeiras, nin sequera espazo onde colocar os pacientes”, denuncia a central sindical.  Por iso, demanda que se reforcen as unidades afectadas e que se informe da situación aos representantes dos traballadores. “Preocúpanos a derivación de pacientes a centros privados cando hai centros sanitarios públicos que poderían asumir a asistencia”, conclúe.
PRAZAS 
Pola súa banda, o Servizo Galego de Saúde  informou este mércores da incorporación dun total de 246 profesionais sanitarios como persoal fixo na área Sanitaria de Vigo.

- Advertisement -

Segundo sinalou o Sergas nun comunicado, dos 246 novos traballadores con praza en propiedade, 167 son licenciados sanitarios, 66 son técnicos superiores e 13 técnicos de farmacia. A incorporación deste novo persoal prodúcese como consecuencia da resolución do concurso-oposición e concurso de traslados de determinadas categorías sanitarias, procesos que promoveu o Sergas como medida de conciliación laboral e familiar, así como para consolidar postos de traballo fixos nos distintos centros.

Trátase, tal e como apuntou o Sergas, dun movemento de persoal moi importante xa que toman posesión 152 facultativos especialistas de área; 14 médicos de urxencias hospitalarias; un médico de admisión e documentación clínica; 66 técnicos superiores das diferentes especialidades de laboratorio, radiodiagnóstico, anatomía patolóxica e higienista bucodental; e 13 técnicos de farmacia.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...