InicioSociedadeA nova estación de autobuses estará en funcionamento dende o sábado

A nova estación de autobuses estará en funcionamento dende o sábado

A Xunta quéixase da constante "oposición" do Concello

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, confirmou este mércores que a estación de autobuses intermodal de Urzaiz abrirase o vindeiro sábado, 17 de decembro.

A representante do Goberno galego na cidade olívica cargou contra a “oposición” do goberno local á apertura desta infraestrutura, asegurando que esa posición é “vergoñosa” ao considerar que “pretende deixar aos cidadáns sen un servizo vital”.

“Cando criamos que non era posible unha actitude máis indigna e ruin, o Concello de Vigo antepón outra vez os seus intereses partidistas ao benestar dos vigueses e toma unha postura en contra da cidadanía”, sinalou Fernández-Tapias.

Así mesmo, a delegada autonómica indicou que “dende fai seis meses o alcalde tentou frear por todos os medios a apertura da estación”. “Como é posible que falen agora de coordinarse cando seguimos esperando resposta ás cartas que remitimos en xuño e xullo para abrir a estación?”, cuestionou.

Fernández-Tapias tamén apuntou que xa esperaba novos impedimentos á apertura da estación. “Xa o sabiamos e veño anunciando de forma reiterada que seguirá mentindo porque non quere que se abra a estación ao ser un investimento da Xunta de Galicia e desmoronarse así a súa teoría da conspiración“, engadiu.

Ademais, a representante autonómica lembrou que a nova estación de autobuses está finalizada desde fai seis meses e que non se puido pór en marcha polos constantes impedimentos de Abel Caballero.

“Primeiro dixo que as súas obras non afectaban á estación intemodal, despois que non facían falta os permisos, máis tarde que non tiñamos nada preparado ou que non quería os autobuses pola cidade. É unha permanente negativa polo feito de que é unha obra da Xunta”, criticou.

POSTURA DO CONCELLO DE VIGO

As palabras de Fernández-Tapias prodúcense pouco despois de que, este mércores, falase sobre o tema o concelleiro da área de Fomento, Javier Pardo.

En rolda de prensa, Pardo asegurou que “desde o Concello ofrécese toda a cooperación para a posta en funcionamento para a nova estación de autobuses“.

“Entendemos que é a Xunta de Galicia a que ten que tomar a decisión sobre a data na que quere realizar o traslado. A data decídena eles. O que desde o Concello de Vigo dicimos é que sempre teñen que tomar esa data tendo en conta que se deben respectar as normas de tráfico, que son de competencia municipal”, sinalou.

Pardo tamén criticou que, a día de hoxe, a Xunta “non trasladou aínda toda a información necesaria sobre o número de rutas e paradas que pretenden realizar”. “Non temos aínda toda a información necesaria para un traslado dese calibre”, cuestionou.

“Se o Goberno galego quere implantar novas paradas na cidade, debe solicitalas para que o Concello poida analizalas e decidir respecto diso en función do tráfico da cidade”, sentenciou Pardo, non sen antes lembrar que, desde o principio, Caballero “tendeu a man” e ofreceu “total cooperación” coa Xunta.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...