InicioSociedadeUn novo proxecto de iluminación no Castelo de Soutomaior permitirá reducir ata...

Un novo proxecto de iluminación no Castelo de Soutomaior permitirá reducir ata nun 70% o consumo enerxético

Tamén se mellorarán as sendas do seu amplo xardín "para destacar a súa beleza"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra acometerá un novo proxecto de iluminación monumental e paisaxística no recinto do Castelo de Soutomaior que suporá unha importante posta en valor dos seus xardíns e bosques e da súa contorna exterior.

Con el conseguirase, ademais, segundo informou a institución nun comunicado, reducir ata nun 70% o consumo enerxético, un dos obxectivos fixados nas políticas provinciais en consonancia coa Axenda 2030 e as directrices europeas.

De feito, a presidenta, Carmela Silva, proclamou que a Deputación presentará esta iniciativa, que suporá un investimento superior aos 2 millóns de euros, á liña centrada nos BIC dos fondos europeos Next Generation para “seguir convertendo a provincia nunha referencia en turismo e xestión do patrimonio”.

Carmela Silva anticipou que o proxecto de iluminación no Castelo de Soutomaior consta de “un deseño lumínico eficiente, atractivo e experiencial onde se permitirá que a xente poida gozar do castelo e do xardín e vivir experiencias únicas, pondo en valor esta xoia arquitectónica de Galicia”.

Por unha banda melloraranse as sendas do seu amplo xardín de excelencia internacional “para destacar a súa beleza” e, pola outra, iluminarase o recinto exterior da fortificación. No marco do proxecto monitoraranse e programaranse os consumos para mellorar a xestión e promover o aforro enerxético. “Imos modernizar a instalación central, de tal forma que se poidan monitorar e regular os consumos, programar a iluminación ou crear alertas de avarías, cun sistema de control totalmente flexible e personalizable”, detallou.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...