InicioSociedadePiden 13 anos de cárcere por homicidio para o veciño de Salceda...

Piden 13 anos de cárcere por homicidio para o veciño de Salceda que matou cunha aixada ao seu irmán en 2019

Ademais, o Ministerio Público solicita que indemnice á muller con 200.000 euros e aos fillos con 300.000

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra celebrará desde este luns o xuízo contra o veciño de Salceda de Caselas que o 30 agosto de 2019 matou o seu irmán ao golpearlle cunha aixada. Fiscalía pide para el 13 anos de cárcere por un delito de homicidio.

Tal e como recolle o escrito de acusación do Ministerio Público, o acusado acudiu sobre as 20,15 horas da tarde ata unha leira propiedade do seu irmán. Nese momento, tras unha disputa, atacouno coa ferramenta “de forma violenta” e golpeoulle na cabeza “polo menos en tres ocasións”.

Como consecuencia das feridas que lle causou, a vítima faleceu esa mesma noite, sobre as 22,30 horas, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Fora o propio acusado quen, sobre as 20,24 horas, chamaba á Garda Civil para alertar dos feitos e confesar a agresión. De feito, foi detido aquel mesmo 30 de agosto e, desde o 2 de setembro, atópase en situación de prisión provisional comunicada e sen fianza.

O home sentará esta semana no banco da Audiencia Provincial como acusado dun delito de homicidio polo que Fiscalía pide 13 anos de cárcere e unha prohibición de achegarse a menos de 500 metros e de comunicarse coa esposa e fillos da vítima.

Ademais, o Ministerio Público solicita que indemnice á muller con 200.000 euros e aos fillos con 300.000, respectivamente, así como todos os gastos que tivesen que pagar por mor da morte do seu pai.

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...