InicioEvacuan en helicóptero a un hospital a unha muller ferida ao caer...

Evacuan en helicóptero a un hospital a unha muller ferida ao caer dun muro en Mondariz

Trataba de sacar unhas herbas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller foi evacuada no helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 ata un hospital ao resultar ferida despois de sufrir unha caída desde un muro situado nas inmediacións da súa casa en Mondariz.

O suceso produciuse ao redor das 12,45 horas deste xoves no lugar de Carballal, parroquia de Riofrío, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia, que recibiu a chamada dun familiar da vítima alertando do sucedido.

A muller sufriu a caída cando trataba de sacar unhas herbas dun muro pegado á súa casa. A aeronave do 061 con base en Ourense mobilizouse ata o lugar para recoller á ferida e proceder ao seu traslado a un hospital.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...