InicioSociedadeCondenado a seis anos e nove meses de cárcere por violar a...

Condenado a seis anos e nove meses de cárcere por violar a unha muller en Vigo e agredir a axentes de policía

O xuízo estaba previsto para este venres pero finalmente chegouse a un acordo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a seis anos e nove meses de cárcere a un home por violar a unha muller na cidade e agredir a tres axentes de policía, despois de que ambas as partes chegasen a un acordo de conformidade.

O xuízo estaba previsto para este venres pero finalmente chegouse a un acordo polo cal o acusado aceptou seis anos de prisión por un delito de violación, ademais de cinco anos de liberdade vixiada e dez anos de orde de afastamento da vítima.

Así mesmo, polo delito de resistencia á autoridade impuxéronselle nove meses de cárcere, mentres que polos delitos leves de lesións abonará multas por un importe duns 2.400 euros.

Ademais, o home terá que pagar unha indemnización á vítima de 30.000 euros por danos morais e 50 euros por unha pulseira perdida.

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos tiveron lugar o 16 de xullo de 2021, cando o acusado agarrou e arrastrou a vítima ata un canellón escuro da rúa Sanjurjo Badía aproveitándose de que se atopaba baixo os efectos do alcol.

Alí, o procesado empezou a violar a muller mentres esta se resistía e trataba de zafarse. Os berros alertaron a un veciño, que chamou á policía.

Minutos máis tarde, unha dotación policial chegou, o que provocou que o presunto violador tratase de fuxir. Finalmente, logrou ser interceptado polos axentes, que resultaron feridos.

Por todo iso, o Ministerio público pedía 10 anos e nove meses de prisión. Con todo, non solicitou a expulsión do país do home ata que acceda ao terceiro grao penal. O home, de nacionalidade colombiana, atópase en situación administrativa irregular en España e leva máis dun ano en prisión preventiva.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...