InicioSociedadeMarea de Vigo critica a Caballero por non querer xestionar o albergue...

Marea de Vigo critica a Caballero por non querer xestionar o albergue municipal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo afeou ao alcalde da cidade, Abel Caballero, queira “escapar” das súas competencias ao reclamar á Xunta que asuma a xestión do albergue municipal, e lembrou que negar a competencia municipal nesa xestión “é mentir” e ir “contra o espírito da propia FEMP (que preside Caballero), que leva anos defendendo que sexan os concellos os que teñan competencias en materia de loita contra a pobreza”.

O portavoz de Marea, Rubén Pérez, cualificou como “sorpresivo” o anuncio do alcalde de pedir por carta á Xunta que asuma a xestión do albergue, especialmente cando se licita o contrato para esa xestión, e lamentou que Caballero “entra outra vez nesa permanente e ridícula disputa entre as dúas administracións pola asunción de competencias de cada unha”.

Respecto diso, apuntou que a lei de bases de réxime local outorga ao Concello a responsabilidade de avaliar a situación das persoas vulnerables e ofrecerlles “atención inmediata”, como se fai tamén noutros municipios.

Segundo Marea de Vigo, se o goberno local quere que a Xunta achegar financiamento, o que debería pedir é que desenvolva outra alternativa habitacional para reforzar o servizo actual do albergue municipal.

ÚLTIMAS

Zona Franca sacará a concurso dúas parcelas en Vigo para construír ata 90 vivendas de aluguer alcanzable

O pleno do Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) aprobará este martes unha oferta...

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...