InicioSociedadeO Concello de Tui, galardoado por contar coa totalidade dos seus areeiros...

O Concello de Tui, galardoado por contar coa totalidade dos seus areeiros libres de tabaco

Son as praias de Areeiros, en Guillarei, e do Penedo, en Caldelas, as que forman parte da Rede Galega de Praias sen Fume

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui recibiu a medalla de ouro de praias sen fume ao contar coa totalidade dos seus areeiros libres de tabaco. O pasado venres tivo lugar en Baiona o acto de entrega destas distincións, onde o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, recibiu o diploma acreditativo de mans do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

En concreto no Concello de Tui son as praias de Areeiros, en Guillarei, e do Penedo, en Caldelas, as que forman parte da Rede Galega de Praias sen Fume. Este programa ten un fin educativo, de promoción da saúde e de protección do medio ambiente, sendo o seu cumprimento voluntario. Deste xeito, busca promocionar unha vida sen tabaco e desnormalizar o seu consumo na sociedade mediante a promoción turística dunhas praias nas que tamén se respecte e coide o medio ambiente.

Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, amosou a satisfacción que supón este distintivo para Tui ao verse incluído nun selecto grupo de 214 areais en 80 concellos. Diz fixo unha valoración ‘moi positiva’ dun proxecto que o goberno local vén desenvolvendo dende a pasado mandato. Agora recolle os seus froitos “continuando con constancia e coa aposta pola saúde e por facer máis inclusivas para todos as praias de Tui”.

ÚLTIMAS

As patronais do metal plantan a negociación en Pontevedra ante unha protesta sindical en Vigo

As patronais do sector do metal (Asime, Atra e Instalectra) decidiron non acudir á...

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...