InicioSociedadeCoñece a ampla oferta deportiva e de lecer deste verán en Tui

Coñece a ampla oferta deportiva e de lecer deste verán en Tui

O Concello de Tui, xunto con distintas asociacións e club deportivos do municipio, provomen un conxunto de actividades para a veciñanza durante os meses estivais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tui acollerá este verán diversas actividades deportivas e lecer promovidas polo Concello de Tui e por distintas asociacións e club deportivos do municipio que, en conxunto, presentan unha ampla oferta para os meses estivais.

Na presentación destas actividades, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, amosouse “satisfeito” pola oferta que se presenta durante os meses de xullo e agosto no municipio, ás que se sumará a apertura da piscina municipal a finais do mes de xuño. Entre as actividades previstas destaca o campamento organizado polo propio concello, no que se ofertan 150 prazas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Haberá tres quendas entre o 27 de xuño e o 30 agosto.

Ademais, na Aula da UNED, do 27 de xuño ao 8 de xullo, celebrarase o Campus Urbano Inglés no meu entorno para mocidade de 10 a 15 anos. O horario será de 10 a 18.30 horas e a inscrición está aberta ata o 25 de xuño podendo realizar na web uned.pontevedra.es no apartado da aula tudense.

A ANPA do CEIP de Guillarei organiza tamén un Campamento de Verán que abarcará todo o período de vacacións escolares dende o 23 de xuño ao 7 de setembro, de luns a venres de 9 a 14 horas, con opción de aula madruga e mediodía. A inscrición pode realizarse ata o 17 de xuño no 675 91 63 55. En Caldelas, a Asociación A Insua organiza outro para os meses de xullo e agosto que se celebrará polas mañás de 9 a 14 h e de luns a venres. Neste caso a inscrición pode realizarse en info@eventualive.com ou no 667 93 32 05.

Así mesmo, o Conservatorio Profesional de Música de Tui oferta do luns 27 ao 29 de xuño cursos gratuítos de Música e Movemento para crianzas de 5 e 6 anos, e de Proba Instrumental para as que teñen de 7 a 10 anos.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Xa no que se refire ás actividades deportivas, o Club Bádminton Tui realizará adestramentos abertos a todas as persoas que desexen probar este deporte no mes de agostono pavillón do IES San Paio. Ademais, o Club Balonmán Tui realizará a actividade ‘Balonmán con amigos’ no colexio Maristas do 27 de xuño ao 1 de xullo. Trátase dunha actividade gratuíta financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte. 

Así mesmo, Tui ofrece catro campus de fútbol e fútbol este verán; e o Club Kaiak Tudense ofertará de novo por quincenas os seus Cursos de Iniciación ao Piragüismo entre o 1 de xuño e o 31 de agosto os luns, mércores e venres para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos. A inscrición realizarse en kayaktudense@kayaktudense.org ou 687 99 84 97.

O Club Remo do Miño realiza no mes de agosto Cursos de Verán de Remo con inscrición no 651 91 51 50. Por último o Club Remo Tui levará a cabo entre o 1 de xullo ao 31 de agosto, os luns, mércores e venres os seus Cursos de Verán de Remo. É preciso inscribirse no 648 70 58 89.

ÚLTIMAS

Netflix escolle Vigo para a promoción do ‘Xogo da Lura’

Vigo, a cidade das luces, volve ser protagonista este Nadal, pero desta vez non...

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...

Desacordos “estratéxicos” fixeron que Tavares saíse de maneira “amigable” de Stellantis

O exconselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, volveu a falar tras a súa saída...